O Pleno debatirá o venres a inconstitucionalidade da lei de Área Metropolitana de Vigo
Abel Caballero anunciou este martes a convocatoria dun Pleno da Corporación Municipal para o venres para votar unha proposta de inconstitucionalidade da lei autonómica de Area Metropolitana de Vigo. Xunto aos informes externos, o alcalde indicou que Asesoría Xurídica, Intervención e Secretaría Xeral do Concello tamén aprecian "graves defectos de inconstitucionalidade" na norma.
Tras a valoración do constitucionalista externo Luciano Parejo, o primeiro edil avanzou que o Interventor, o Secretario Xeral e a Asesoría Xurídica do Concello de Vigo avalan informes que tamén son "contundentes" na reclamación da inconstitucionalidade da lei autonómica, o que "ten que ser debatido e votado polo Pleno".
De ser aprobado -para o que é preciso a maioría absoluta dos votos-, sería directamente o Concello o que levaría adiante un recurso ante o Tribunal Constitucional, algo que ten dous precedentes, entre os que se atopa o da lei de Área Metropolitana de Barcelona, cursado con éxito por Luciano Parejo. Se o Pleno da o seu visto bo, o Consello Consultivo emitirá un informe non vinculante e Vigo precisaría do respaldo dun segundo municipio dos 14 que formar parte da lei, segundo marca o procedemento.
O alcalde amosou a súa "convicción" de que o TC daría a razón ao Concello en materias como o financiamento do ente, as competencias ou a proporcionalidade. De admitilo o Tribunal a trámite, Caballero explicou que a lei quedaría paralizada "de facto".
Descargar todas as imaxes