Escoitar

O alcalde adianta que en setembro rematará a humanización de Enrique Lorenzo

Abel Caballero visitou este mércores os traballos de reforma desta rúa do barrio de Teis, onde estase a renovar o firme, a iluminación e parte do arborado, ademáis das conduccións soterradas, que atopábanse nunha situación "terrible". O investimento do Concello nesta mellora ascende a case 500.000 euros.

mércores, 11 xul 2012
1342005842humanizacion.jpg
O alcalde explicou que a veciñanza solicitara a reforma deste vial para "deixalo nos estándares de calidade" do resto da cidade, pois a situación das redes de servizos era "terrible", con roturas "constantes" nas conduccións.

O goberno local adica case medio millón de euros para unha reforma que incluirá a renovación do firme, ampliación das beirarrúas, nova iluminación -que contará cun sistema novidoso na cidade- e novas redes de servizos. Caballero apuntou que manterase o arborado da zona baixa da rúa, incluído o "histórico" bidueiro, cambiando os da parta alta.

Setembro é o mes estimado para a finalización das obras e o alcalde xa adiantou que "seguiremos traballando en Teis", barrio do que "ningún alcalde ocupouse", e avanzou a instalación dun novo parque biosaudable na zona e outras humanizacións.

Modificacións no tráfico
O alcalde vigués recordou que, desde este luns, todo Sanjurjo Badía é de dobre sentido para os vehículos no tempo que dure a obra. Unha vez rematada a humanización, o goberno de Vigo estudará volver ao sistema anterior ou converter en definitivo o sistema provisional, que ata o momento está a ter un funcionamento "axeitado".
Descargar todas as imaxes