Escoitar

O Concello achega 16.000 euros para o mantemento e uso das embarcacións tradicionais

O alcalde, Abel Caballero, rubricou este mércores un convenio de colaboración coa Asociación de Mariñeiros Artesanais e Deportivos de Bouzas para a "construcción, mantemento e navegación de embarcacións tradicionais", das que a cidade conta coa práctica totalidade das modalidades galegas.

mércores, 11 xul 2012
1342005999convenio.jpg
O convenio asinado hoxe entre a Asociación e o goberno de Vigo prevé a realización de actividades relacionadas coa difusión e o coñecemento da cultura mariñeira. Caballero explicou que se estuda empregas as embarcacións tradicionais para bautismos de mar dos máis pequenos.
Descargar todas as imaxes