Escoitar

Pleno da Corporación sesión EXTRAORDINARIA

xoves, 12 xul 2012
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 11


CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión EXTRAORDINARIA que terá lugar o día 13 de XULLO de 2012, ás CATORCE HORAS E QUINCE MINUTOS, no salón de Plenos deste Concello.


ÚNICO.- Inicio de conflito na defensa da autonomía local contra determinados preceptos da Lei 4/2012, do 12 abril, da Área Metropolitana de Vigo",




DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes aos expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión EXTRAORDINARIA no salón de Plenos ás CATORCE HORAS E QUINCE MINUTOS do día TRECE DE XULLO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese aos Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ao acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello aos efectos de información.

Vigo, 10 de xullo de 2012

O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez
O SECRETARIO XERAL DO PLENO, José Riesgo Boluda.