Escoitar

O alcalde, satisfeito porque a estación do AVE manterá "o espírito" do deseño de Mayne

Tras a reunión do grupo de traballo da estación celebrada este venres, Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" pola definición planteaxada por Fomento do proxecto deseñado polo arquitecto Thom Mayne para a terminal de Urzaiz. A estación, de 95 millóns, manterá a gran praza superior e o ámbito ferroviario público, véndose reducida a superficie comercial. <br />

venres, 13 xul 2012
1342185437estacion.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu da reunión do grupo de traballo da estación, celebrada este venres, coa "satisfacción" de ver que o Ministerio de Fomento plantexa para Urzáiz a maior estación de Alta Velocidade de España, mantendo ademais "o espírito, a estrutura e a arquitectura" do deseño do prestixioso arquitecto estadounidense Thom Mayne.

A terminal viguesa -que superará á de Málaga, actualmente a maior en España- terá unha gran praza pública superior, á altura de Vía Norte, de 14.000 metros cadrados, cun balcón á ría e accesos na cuberta para peóns, taxis, autobuses urbanos e vehículos privados, co que está "maravillosamente ben resolta a intermodalidade municipal", subliñou Caballero.

O ámbito ferroviario público mantense tal e como o deseñara Thom Mayne a proposta do Concello, mais a parte comercial verase reducida e o aparcamento perderá cen prazas quedando en 1.300 estacionamentos. O alcalde valorou especialmente que a zona privada preserve un espazo para o pequeno comercio local.

"Creo que estamos diante dunha gran estación que reúne folgadamente os requisitos que nós planteabamos e, por tanto, vai ter todo o noso apoio" para levala adiante, asegurou o alcalde.

Estación de autobuses
No transcurso da reunión do grupo de traballo, o Concello ofreceu á Xunta de Galicia toda a "cooperación" para que a administración autonómica constrúa, xunto á de Urzáiz, a estación de autobuses, mellorando así a intermodalidade.

Abel Caballero indicou que esa é a "vontade" do goberno local, que ata o momento non ten información do proxecto autonómico para a terminal de autocares, e adiantou que o Concello colaborará se a Xunta precisa adaptar o Plan Xeral para instalar a estación. En calquera caso, por causa da de autobuses, a estación do AVE non sufrirá retraso algún na súa marcha.
Descargar todas as imaxes