A Praza da Constitución acollerá o 9 de xuño o festival "Galicia nas terras da Gaita"
31 músicos procedentes de Terras da Gaita se darán cita o próximo día 9 de xuño na Praza da Constitución. Trátase dunha das diversas actividades que a Asociación de Gaiteiros Xistra ten prevista para a celebración do seu XXV aniversario.
O alcalde de Vigo avanzou hoxe venres a presenza de 31 músicos, con 12 gaitas diferentes, o próximo 9 de xuño na Praza da Constitución. O Festival Galicia nas terras da gaita é unha actividad incluída dentro da programación coa que a Asociación de Gaiteiros Xistra vai celebrar o seu XXV aniversario. Ademais, organizaránse xornadas didácticas sobre o folklore da gaita en Europa para todo tipo de espectadores: colexios, escolas de danza...Na presentación, o rexedor estivo acompañado por Xerardo Santomé, Asociación de Gaiteiros Xistra, Roberto Giráldez, responsable de Centros Culturais e Anxo Méndez, de Vigo Vello.
Descargar todas as imaxes