Escoitar

Caballero di que a Festa da Rítmica "é un dos eventos máis importantes das escolas deportivas"

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, acompañado polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández, destacou a XV Festa Día da Rítmica, este domingo día 3 ás 10:00 horas nas Travesas, como "un dos eventos máis importantes" de peche oficial da tempada das escolas deportivas municipais. Caballero lembrou que está organizado polo Instituto Municipal de Deportes e o Club Maniotas, ao que felicitou polo seu desempeño no Campionato do Mundo de ximnasia estética, a pasada fin de semana.

venres, 1 xuñ 2012
1338573068ximnasia.jpg
Dende o 17 de maio, que se clausuraron as escolas de patinaxe coa participación de 1.954 patinadoras, ata o 10 de xuño, as escolas deportivas irán pondo punto final ao curso 2011/2012. Esta fin de semana péchanse, ademais da ximnasia rítmica, a escola de fútbol 7, coa presenza de 400 nenos e nenas (sábado 2, Samil), a natación sincronizada (sábado 2, 16:00 horas, piscina do Carmen), con 84 participantes, e o voleibol (sábado 2, 10:00 horas, Teis), con 164 inscritos e inscritas na xornada final.

Na Festa da Rítmica hai 50 grupos participantes do Maniotas, as escolas municipais, catorce colexios de Vigo (Mestres Goldar, San José da Guía, Chouzo, Seis do Nadal, San Salvador, Carrasqueira, Apóstol Santiago, Rosalía de Castro, Pintor Laxeiro, Teis Frián, Celso Emilio Ferreiro, Montesol, Acacias e Coutada Beade) e colexios de Chapela (Laredo), Redondela (CEP Redondela) e Mos (Esclavas de la Virgen Dolorosa). Na suma das súas modalidades (rítmica, acrobática e artística), a ximnasia tivo este ano 456 alumnos e alumnas, e é o terceiro deporte máis importante do programa de escolas, tras fútbol (1.180) e patinaxe artística (568). O alcalde tamén significou "o valor das escolas" deste ano, con 4.091 participantes, desvelando que a cifra incrementouse "pola súa gran oferta de actividades e prezo moi asequible".

O alcalde aproveitou a presentación da festa para facer unha chiscadela ao Maniotas polo seu labor no apartado de ximnasia estética. "Acadar o terceiro posto con España é un logro da maior importancia para a cidade porque a pon no ámbito mundial desta disciplina", dixo Caballero. Laura González y Tamara Rodríguez, dúas das ximnastas mundialistas, amosaron ao rexedor e ao concelleiro a súa medalla.

Lorena Reboredo, responsable da área deportiva do Maniotas, asegurou que a Festa da Rítmica "é un día moi importante para as ximnastas por poder verse nun gran pavillón como o das Travesas e con tanto público para competir e mostrar o seu traballo. O Maniotas nútrese da canteira e esta é unha oportunidade para gozar da rítmica de base, que cada vez está máis forte".
Descargar todas as imaxes