O Concello mantén a achega de 18.000 euros á Rede de Mulleres contra os Malos Tratos
O alcalde, Abel Caballero, e as responsables da entidade reuníronse este xoves na Alcaldía para ultimar aspectos dos dous convenios de colaboración entre as partes polos que o Concello de Vigo adica 17.800 euros á Rede para o desenvolvemento da súa actividade. Durante a entrevista constataron as "dificultades" polas que atravesa a Rede ante a crise.
            Abel Caballero apuntou que, ante as "dificultades" que atravesa a Rede de Mulleres pola crise e a necesidade de seguir atendendo ás vítimas, o goberno local verá a posibilidade de facer un "esforzo adicional" que suponga un incremento da axuda á entidade veciñal. 
        
    
                                
                Descargar todas as imaxes