O Concello estuda co Real Club Celta as medidas a tomar ante un eventual ascenso o domingo
O alcalde, Abel Caballero, e o Presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño, mantiveron este mércores unha entrevista para coordinar posibles accións ante o eventual ascenso do club á primeira división, tras o encontro deste domingo en Balaídos.
Abel Caballero informou que a reunión celebrada este mércores tiña coma obxectivo valorar "aspectos técnicos" do partido deste domingo en Balaídos, no que o Real Club Celta pode certificar o ascenso á máxima categoría do fútbol español, así como unha eventual celebración.
O alcalde non desvelou os actos previstos de celebración por ser o "protagonismo enteramente do Celta" e indicou que o Concello terá que "garantir o normal devir da situación ao longo de todo o domingo".
Descargar todas as imaxes