Escoitar

Caballero asegura que os municipios españois defenden racionalizar as competencias das administracións

O alcalde de Vigo e vicepresidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, indicou hoxe martes tras a reunión da Xunta de Goberno que a entidade fixo unha aposta decidida pola racionalización das funcións públicas. Para os membros, non ten sentido que os concellos paguen por competencias que ostentan as comunidades autónomas.

martes, 29 mai 2012
1338307565femp.JPG
Abel Caballero explicou que este é o caso da educación ou da xustiza, por exemplo, onde as administracións locais sufragan custos cando as competencias, e por tanto tamén os recursos económicos, están cedidos polo Estado ás comunidades autónomas.

Da sesión de goberno da FEMP, o alcalde de Vigo tamén valorou que o Goberno de España decida conceder unha nova opción aos concellos para cumprir cos seus plans de saneamento, pois aqueles municipios que estean agobiados polas súas contas non poden deixar de prestar servizos fundamentais para os seus cidadáns.

Por outra banda, pechouse o tipo de interese de pago a proveedores por enriba do inicialmente anunciado, confiando os representantes municipais en que non volva incrementarse no futuro. Respecto ao pago do IBI por parte da igrexa, a FEMP acordou que cada concello tome a decisión que considere convinte.
Descargar todas as imaxes