Socialistas e nacionalistas esixen á Xunta investir en Vigo en emprego en función do número de parados e de poboación
O PSdeG contou co apoio do BNG para aprobar unha moción na que esixe á Xunta de Galicia que invista en políticas de emprego o que lle corresponde á cidade en termos de número de parados e de poboación.
Na sesión plenaria desta mañá os corporativos do PSdeG e do BNG esixiron á Xunta investir en Vigo en políticas de emprego o que lle corresponde a Vigo en función do número de parados e da poboación. Concretamente, o texto defendido polo concelleiro socialista Santos Héctor, insta a Xunta a facer os seguintes investimentos: 3,5 millóns en Cooperación coas corporacións locais, tres obradoiros de emprego (Vigozoo, Mar de Vigo e Vigo Ornamental) por 1,9 millóns de dous e PEIG (Plan Integrado de Emprego de Galicia) por 450.000 euros para contratar 625 traballadores, que se corresponden co número de parados e poboación. A moción, asimesmo, pídelle á Xunta que realice investimentos en Vigo cunha política económica e industrial efectiva para as empresas da cidade.
Gota de Leite
No mesmo Pleno, a socialista Raquel Díaz defendeu unha moción, que contou co apoio do BNG e o voto en contra do PP, na que solicita á Xunta a apertura da escola infantil no edificio chamado "Gota de Leite". No texto se destaca que o grande déficit de prazas no tramo 0-3 anos que sufren os cidadáns de Vigo.