Escoitar

Caballero salienta que Vigo recibe cada tres días unha media de 2.500 turistas británicos

O alcalde recibiu hoxe xoves a unha delegación de xornalistas británicos especializados, de visita na cidade para coñecer de primeira man a experiencia turística que ofrece Vigo. Apuntou Caballero que a afluencia de británicos a Vigo "impacta", xunto a boa relación calidade prezo que ofrece a cidade en materia hoteleira ou gastronómica.

venres, 25 mai 2012
1337957810ingleses.JPG
O rexedor vigués dixo que a visita dos xornalistas especializados en turismo está enmarcada na estratexia de promoción turística de Vigo no mercado británico, para consolidar o vóo entre o aeroporto vigués e Heathrow.

Caballero indicou que "un factor de atracción inmensa" para o mercado británico é a relación calidade prezo que oferta a cidade polo custe razonable da viaxe, do aloxamento e da gastronomía, xunto a saber que, de media, cada tres días visitan esta cidade 2.500 británicos.
Descargar todas as imaxes