Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 25 mai 2012
PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 7

CONVOCATORIA


ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día vinte e oito de maio de 2012, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA

1.- Actas anteriores. (S. Ordinaria 30.04.12)

2.- Declaracións institucionais.

3.- Ditames das comisións informativas:

ECONOMÍA, FACENDA E EDUCACIÓN

3.1.- Dar conta do informe trimestral da Tesourería Municipal sobre o cumprimento dos prazos para o pagamento das obrigas do Concello previsto na Lei 15/2010, correspondente ao 1º trimestre do ano 2012. Expte. 7201/540 (473/1101)

3.2.- Solicitude de Dª Rosa Fernández Alonso e de D. Juan Fernández Costas de descatalogación do Inventario Municipal dun tramo do camiño Barroca, na parroquia de Valladares. Exptes. 19282/240 e 1072/244 (462/1101)

3.3.- Solicitude de "Auxiliar de Servicios Teis, S.A.", de rectificación de titularidade no Inventario municipal da Baixada ás Roteas en Teis. Expte. 19430/240 (462/1101)

4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.

5.- Mocións:

5.5.- Moción do Grupo municipal do BNG instando ao Goberno da Xunta de Galicia a non aplicar as medidas relativas á educación do RDL 14/2012 e presentar recurso por invasión competencias. Expte. 464/1101.

5.2.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a investir en Vigo, así como tomar medidas para frear o desemprego. Expte. 324/1101.

5.3.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta de Galicia a inclusión dun novo criterio nos pregos de cláusulas dos contratos de obras. Expte. 424/1101.

5.4.- Moción do Grupo municipal Socialista instando á Xunta a proceder de xeito inmediato á apertura dunha escola infantil no edificio da "Gota de Leite". Expte. 455/1101.

6.- Asuntos urxentes.

PARTE DE CONTROL

1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación.

4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo municipal Popular instando a posta en marcha dun plan xuvenil municipal e elaboración dun programa de actividades para a mocidade no verán 2012. Expte. 465/1101.

4.2.- Moción do Grupo municipal Popular instando a aprobación dunha proposta conxunta dos grupos municipais para un plan de acción cultural para a cidade. Expte. 467/1101.

4.3.- Moción do Grupo municipal Popular instando o nomeamento de rúas para o Dr. Enrique Suárez Guntín e don Marcial Lafuente Estefanía. Expte. 468/1101.

4.a. Mocións urxentes

5.- Formulación de rogos.

6.- Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:

Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás NOVE HORAS do día VINTE E OITO DE MAIO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quórum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.


Vigo, 24 de maio de 2012


O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez

O SECRETARIO XERAL DO PLENO, José Riesgo Boluda.