O Concello instalará no auditorio de Castrelos unha pantalla xigante para seguir o Celta-Nástic
Abel Caballero avanzou este venres que o goberno local ampliará ata 15 os autocares que sufragará para desprazar aos afeccionados ata Tarragona o domingo, onde o club vigués pode materializar o seu ascenso á Primeira División. En Vigo, o alcalde confirmou a instalación dunha pantalla no auditorio do parque de Castrelos, onde agárdase unha "gran afluencia" de público.