A Corporación insta á Xunta a non aplicar o decreto lei de recortes no ensino impulsado polo Goberno central
Socialistas e nacionalistas piden ao Goberno Central que "non se someta a decisións que van en contra do ensino galego" e que, polo tanto, rexeite a aplicación do RD Lei 14/2012 aprobado polo Goberno Central.
Socialistas e nacionalistas uniron os seus votos para solicitar ao Goberno galego que "actúe como tal" e non se someta a decisións que van contra o ensino galego. Nunha moción defendida polo BNG, reclámase ao Goberno autonómico que se negue "rotunda e públicamente" a aplicar calquera das medidas contidas no RD Lei 14/2012. No texto, que contou co voto en contra do PP, instasé á Xunta a presentar recurso por invasión de competencias.