O Concello disporá 100 efectivos para vixilancia e salvamento en 10 praias de Vigo
A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, informou hoxe martes do dispositivo que atenderá aos bañistas durante o verán nos areais vigueses, composto por un total de 100 persoas entre a Cruz Vermella, Policía Local, Protección Civil, coordinadores e socorristas en terra e mar. O servizo de socorrismo iníciase o próximo 15 de xuño.
A edil subliñou que "cada ano reforzamos a profesionalidade" do servizo, polo que de cara a este verán sumarase un novo coordinador, a cargo da Cruz Vermella, e os axentes de Costa e Praia da Policía Local formaranse en salvamento acuático para mellorar a atención aos usuarios.
O Concello de Vigo acaba de adxudicar a Cruz Vermella, gañadora do concurso, o servizo de salvamento para 2012 e 2013, para o que o goberno local adica 441.500 euros en total. Contrataranse a 42 socorristas cada tempada que operarán por quendas para garantir a presencia permanente dun mínimo de 25 efectivos nas praias.
O goberno de Vigo disporá socorristas en A Punta, Rodas, Figueiras, Tombo do Gato, Argazada, Samil, O Vao, Fontaíña, Canido e Fortiñón (Saiáns). Como cada ano, o dispositivo comezará a operar o 15 de xuño e alongarase ata o 15 de setembro, sendo diario nos meses de xullo e agosto e de fin de semana en xuño e setembro. Argazada, Samil, Saiáns, Vao, Rodas e Figueiras terán socorrismo diario nestes dous últimos meses, a partir das 16 horas.
Chus Lago anunciou que Vigo, tras recibir en 2011 oito distincións por parte de bandeiras azuis, solicitará este ano o devandito galardón para nove areais, sumando o de A Punta, pois o Concello estima que cumpre cos requisitos de "excelencia" demandados pola entidade.
Descargar todas as imaxes