Escoitar

As escolas municipais de música e artes escénicas celebran o Festival de Fin de Curso

As escolas municipais de musica e artes escénicas desenvolverán do 30 de maio ó 22 de xuño un programa de actuacións que terán como escenarios varias rúas da cidade, así como os auditorios do Concello e do Pazo de Congresos "Mar de Vigo".

mércores, 30 mai 2012
1338373225etrad.jpg
O alumnado da Escola municipal de música, Escola municipal de música folk e tradicional e Escola municipal de teatro pretenden con estas actividades que a cidade coñeza e disfrute no seu proceso de formación.

ACTIVIDADES NA RÚA:

Data: mércores 30/05/12
Hora: 19,00h
Lugar: a Farola (cruce rúas Colón e Urzaiz)
"Obradoiro de percusión", con alumnado da E-TRAD

Data: martes 05/06/12
Hora: 19,00h
Lugar: Avenida de Castelao-Travesas (diante da Estatua do Emigrante)
"Grupo de pandereteiras", con alumnado da E-TRAD

Data: vénres 08/06/12
Hora: 19:00h
Lugar: Urzaiz (fronte ao Mercado do Calvario)
"Coro da E-TRAD"

Data: mércores 13/06/12
Hora: 19,00h
Lugar: Avenida de Castelao-Travesas (diante da Estatua do Emigrante)
"Grupo de corda frotada", con alumnado da E-TRAD

Data: luns 18/06/12
Hora: 20,00h
Lugar: a Farola (cruce rúas Colón e Urzaiz)
"Coros da EMMV"

Data: martes 19/06/12
Hora: 20:00h
Lugar: Urzaiz (fronte ao Mercado do Calvario)
"Orquestras da EMMV e Música e movemento"

Data: mércores 20/06/12
Hora: 20,00h
Lugar: Avenida de Castelao-Travesas (diante da Estatua do Emigrante)
"Banda e Combos da EMMV"

Data: xoves 21/06/12
Hora: 20,00h
Lugar: Urzaiz (fronte ao Mercado do Calvario)
"Banda infantil da EMMV e Música e movemento"

Data: venres 22/06/12
Hora: 20:00h
Lugar: a Farola (cruce rúas Colón e Urzaiz)
"Orquestra sinfónica e Coro da EMMV"

ACTIVIDADES EN SALA:

Data: mércores 06/06/12
Hora: 18,30h
Lugar: Auditorio municipal
"O rapto da bibliotecaria", "Obras de teatro breve", por alumnado da EMT

Data: xoves 07/06/12
Hora: 18,00h
Lugar: Auditorio municipal
"Vagabundus, o chapeu máxico", "A ópera do patacón", por alumnado da EMT

Data: venres 08/06/12
Hora: 19,00h
Lugar: Auditorio municipal
"Sumerxirse na auga", "A parada", por alumnado da EMT

Data: sábado 09/06/12
Hora: 18,00h
Lugar: Auditorio-Pazo de Congresos "Mar de Vigo"
"Festival fin de curso", por alumnado da EMMV

Data: xoves 14/06/12
Hora: 19,00h
Lugar: Auditorio municipal
"Festival fin de curso", por alumnado da E-TRAD
Descargar todas as imaxes