Escoitar

XIII Campus Polideportivo VIDE

A inscrición para o XIII Campus Polideportivo VIDE abrirase o luns 4 de xuño ás 9:00 horas nas oficinas da Fundación Vigo en Deporte, no edificio do IMD das Travesas. O campus oferta 200 prazas de nenos e nenas de 8 a 14 anos e desenvolverase nas Travesas do 25 ao 29 de xuño.

mércores, 30 mai 2012
1338375859nenosenenas.jpg
A Fundación Vigo en Deporte e o Instituto Municipal dos Deportes colaboran para realizar a decimoterceira edición do Campus Polideportivo.A finalidade do campus é participar na práctica deportiva de máns das mellores entidades deportivas da cidade, dende a súa iniciación ata o seu perfeccionamento.

O campus celebrarase do 25 ao 29 de xuño no complexo deportivo das Travesas. A xornada é de 10h a 18h dende o lúns ata o venres.Haberá un servicio de aula matinal para os pais que o precisen dende as 9h ás 10h.

No campus realizarase actividades deportivas de baloncesto, balonmán, voleibol, fútbol sala e hóckey a patíns e actividades complementarias como piscina, beísbol, rugby e excursión ás Illas Cies.

O prezo é de 65 euros por neno ou nenas, co xantar incluído; e 5 euros máis si se opta á aula matinal. Ambos pagos faranse en efectivo no momento da inscricion.




Descargar todas as imaxes