venres, 8 abr 2005
A concelleira de Participación Cidadá, Réxime Interior e Benestar Social, Marta Iglesias, mantivo onte xoves unha reunión coas asociacións de estranxeiros que hai en Vigo, na que se acordou iniciar unha serie de charlas informativas para inmigrantes e emigrantes retornados, así como unha campaña contra o racismo nos colexios.
xoves, 7 abr 2005
A Unidade de Alcoholismo de Vigo, Asvidal, instalou unha mesa informativa na Lonxa do Concello con motivo do Día Mundial da Saúde e que pretende advertir dos riscos de beber durante o embarazo.
luns, 4 abr 2005
A Xunta de Goberno Local aprobou un convenio entre o Concello e a Asociación de Xordos de Vigo polo que o Concello achegará 15.785,58 euros para poñer a disposición das persoas xordas un intérprete de lingua de signos.
xoves, 10 mar 2005
O Concello de Vigo acolle ,o venres, a primeira xuntanza do 2005 da Rede Municipal Solidaria (RMS), integrada na área de Pontevedra por case trinta concellos que desenvolven políticas de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur e que forman parte do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. A reunión estará presidida pola nova delegada de Benestar Social, Marta Iglesias, e terá lugar ás 11 horas na sala de comisións do Concello de Vigo.
luns, 7 mar 2005
A Comisión declarou zonas saturadas de ruídos as rúas Compostela, Inés Pérez de Zeta, Areal, Rosalía de Castro, Churruca, Teófilo Llorente, Martín Códax e Rogelio Abalde.
martes, 1 mar 2005
A Concellería de Benestar Social colabora coa Cruz Vermella ofrecendo dúas unidades móbiles para atender as persoas sen teito durante a vaga de frío destes días. As unidades móbiles repartirán mantas, bebidas quentes e comida. Ademais, os que o desexen recibirán aloxamento.
venres, 25 feb 2005
A delegada de Benestar Social, Marta Iglesias, mantivo o venres unha primeira reunión de contacto con representantes de colectivos de persoas con discapacidade e de Vitrasa co fin coñecer as necesidades do transporte adaptado.
xoves, 17 feb 2005
A oficina municipal de información a inmigrantes e emigrantes retornados atende desde o pasado día 14 as necesidades destes colectivos. Ademais, a Fundación Ecca Vigo ofrece cursos de formación para mellorar a cualificación das mulleres inmigrantes.
venres, 21 xan 2005
Polo convenio asinado hoxe o Concello achega 15.000 euros e a Consellería de Asuntos Sociais 145.000 para o desenvolvemento de accións en Vigo ao longo de 2005.
mércores, 15 dec 2004
Achegar a sanidade aos vigueses para promover hábitos saudables. Este é o obxectivo das Unidades de Promoción da Saúde, entidades que o Concello porá en marcha a partir do próximo ano en cada un dos tres distritos da cidade. Para informar os profesionais, técnicos e responsables deste ámbito, terá lugar mañá día 16 de decembro un encontro de análise no Instituto Municipal de Educación.