xoves, 2 out 2003
A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, presentou o proxecto "Creative" que pon en marcha o centro Alborada dentro das liñas de actuación do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións. Tratase dun proxecto que traballa no ocio nocturno dos xoves desde unha perspectiva de prevención e de diminución de dano.
mércores, 1 out 2003
A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, amosou o apoio e continuación do programa á infancia que desenvolve o Concello dende o ano 2001 despois de avaliar coa comisión de seguimento a necesidade do mesmo e dotalo de máis recursos económicos e humanos.O programa tenta evitar a inadaptación e exclusión social dos menores.
mércores, 30 xul 2003
Vigo é a única cidade galega cun Plan de Drogodependencias, un conxunto de programas e medidas dirixida a reducir o consumo de substancias adictivas e a paliar as súas consecuencias. A Xunta de Galicia decidiu reducir a súa contribución ao Plan e só achegará un terzo do gastado polo Concello.
venres, 11 xul 2003
A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, visitou un campamento de verán incluído no programa "Promoción do pobo xitano". Este campamento, que se celebra en Liméns (Cangas), está dirixido a nenos de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos.
xoves, 26 xuñ 2003
O Servicio de axuda a domicilio que presta a Cruz Vermella en colaboración co departamento de Benestar Social celebra na carballeira da Guía unha festa de verán para os seus usuarios con actuacións de música e danza.
martes, 24 xuñ 2003
As prioridades marcadas desde a Concellería de Benestar Social son a ampliación de persoal do servicio de atención primaria e a eliminación das listas de agarda de atención a domicilio. A concelleira Olaia Fernández destacou a valía dos profesionais do departamento e o compromiso do Goberno municipal de chegar neste mandato ao 7% dos orzamentos destinado a políticas de servicios sociais.
venres, 20 xuñ 2003
A concelleira de Benestar Social, Olaia Fernández, visitou as unidades básicas de atención social de Coia, do Casco Vello e de Teis para coñecer de preto as necesidades dos traballadores destes centros e dos seus usuarios.
luns, 9 xuñ 2003
O regulamento do Consello local de accesibilidade, aprobado en pleno, potenciará a participación das persoas con discapacidade nos organismos públicos.
martes, 20 mai 2003
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou a memoria de actuacións do seu departamento executadas nos últimos catro anos. A concelleira sobranceou o incremento do orzamento neste período aumentando un 37,94%, malia a considerar o presuposto insuficiente para un departamento que traballa coas persoas que teñen maiores dificultades.
martes, 13 mai 2003
Entre as conclusións das xornadas celebradas a semana pasada está a necesidade de traballar con método no eido da exclusión e de incidir na prevención a través da educación, familia e saúde.