mércores, 18 mai 2005
O servizo de teleasistencia domiciliaria é unha iniciativa na que colaboran varias institucións, entre elas o Concello de Vigo, para axudar a persoas maiores e/ou descapacitadas que padecen situacións de soidade e desarraigo. No noso municipio, este servizo presta atención a máis de 300 usuarios.
martes, 10 mai 2005
A mostra fotográfica "Espazos de vida", organizada pola obra social de "la Caixa", recolle, a través da mirada de tres fotógrafos, as experiencias de varios grupos de enfermos de Alzheimer e dos seus coidadores. A exposición pode visitarse ata o 21 de maio no Centro do Casco Vello.
venres, 6 mai 2005
As asociacións integrantes do Consello Local de Accesibilidade do Concello presentaron as súas propostas para facer de Vigo unha cidade máis accesible para as persoas de mobilidade reducida. A alcaldesa, Corina Porro, comprometeuse a "sumar esforzos para conseguir unha sociedade máis xusta e integrada".
xoves, 5 mai 2005
Representantes desta asociación otorgáronlle á alcaldesa, Corina Porro, este recoñecemento.
mércores, 4 mai 2005
O Servizo de Axuda a Domicilio atendeu un total de 753 persoas ao longo de 2004, segundo as cifras presentadas pola concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias. As accións acometidas con maior frecuencia foron as prestacións de tipo asistencial, os servizos de compaña e as tarefas de aseo persoal.
martes, 3 mai 2005
A concelleira de Benestar SociaL, Marta Iglesias, presentou o programa de subvencións a asociacións de interese social e de maiores, que teñen como obxectivo reforzar o tecido social das asociacións e manter as estructuras que apoian aos colectivos máis de desfavorecidos. O orzamento este ano é de 100.000 euros, o que supón un aumento de 16.000 euros respecta ao ano pasado.
venres, 22 abr 2005
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias e o xefe de servizo do Vicerreitorado de Extensión Universitaria, Ricardo Corderí Salgado, recibiron ao colectivo de persoas maiores da Asociación Ledicia de Beade que realizaron unha visita ao campus vigués. Esta actividade forma parte dun programa de colaboración entre as dúas institucións de visitas guiadas destinadas a grupos de persoas maiores da cidade.
luns, 18 abr 2005
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou un curso dedicado á áxilidade mental e outro centrado na figura do coidador, ambos os dous para persoas maiores. Nove asociacións participarán, de abril a xuño, nesta iniciativa.
mércores, 13 abr 2005
A delegada de Benestar Social, Marta Iglesias e o presidente da Asociación de Xordos de Vigo, Miguel Ángel González Lloves, asinaron o convenio de colaboración entre esta Asociación e o Concello de Vigo, por sétimo ano consecutivo, para continuar co servizo de intérpretes de lingua de signos.<br />