Marta Iglesias propón medidas para reducir o tempo de espera das adopcións
A concelleira Marta Iglesias presentou hoxe mércores ante os medios de comunicación o acordo que proporá no próximo Pleno en relación ao aumento dos tempos nas listas de espera para adoptar menores.
![1142430918adopcion150306.jpg 1142430918adopcion150306.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1142430918adopcion150306.jpg)
En primeiro lugar, Marta Iglesias propón que a Xunta de Galicia contrate persoal "suficiente e en concordancia" coa porcentaxe de solicitudes de adopción que se dá na delegación de Vicepresidencia en Vigo con respecto ao total da Comunidade Autónoma.
Como segunda solución, a concelleira demanda que a Xunta derive as familias solicitantes a outras delegacións de Galicia como as de Ourense e Lugo, onde se rexistran tempos de espera "sensiblemente inferiores". Deste xeito, segundo Marta Iglesias, evitarase "o agravio comparativo existente".
Por último, Marta Iglesias propón a acreditación de gabinetes privados e ECAIS (Entidades Colaboradoras de Adopción Internacional) para a realización das entrevistas en que se examina a idoneidade dos solicitantes. Segundo asegurou a concelleira, esta acreditación xa existe noutras Comunidades Autónomas.
Descargar todas as imaxes