Escoitar

O Concello cederalle o edificio da Escola de Hostelería ao Parque Nacional das Illas a semana que vén

A alcaldesa, Corina Porro, e o director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, mantiveron hoxe mércores un encontro para terminar de definir a cesión do edificio da Escola de Hostelería, situado no Casco Vello, ao Parque para que este estableza nela a súa sede temporal.

mércores, 15 mar 2006
1142431037illas150306.jpg
Tras a reunión, Corina Porro dixo que esta cesión durará "dous anos máis ou menos", ata que se finalicen as obras de mellora do edificio Cambón, no Casco Vello, que será destinado a albergar a sede definitiva do Parque. Sobre a remodelación deste último edificio, actualmente obxecto de trámites administrativos, José Manuel Fernández Bouzas recordou que se vai celebrar "antes de setembro" un concurso de ideas co que se premiará o mellor proxecto con 30.000 euros. Entregaranse, ademais, un accésit de 12.000 euros e outro de 6.000.

Corina Porro considera "moi importante que a cidade de Vigo teña a sede do Parque Nacional". Esta sede contará cun Centro de Interpretación "aberto aos investigadores e ao público en xeral". Ademais, a alcaldesa demandou que Vigo "sexa base de todos os barcos e de todo o que teña que ver co Parque".
Descargar todas as imaxes