O CAT convoca o concurso escolar de Artesanía Tradicional "Cousas dos avós"
O Centro de Artesanía Tradicional (CAT) convoca, co gallo do Día das Letras Galegas, un concurso sobre artesanía tradicional que leva por título "Cousas dos avós". Poderán participar nel os alumnos de Terceiro Ciclo de Educación Primaria e do Primeiro de Educación Secundaria Obrigatoria.
A convocatoria do CAT vai dirixida a todos os centros educativos, públicos, concertados e privados de Vigo, co obxectivo involucrar os escolares na conservación do noso patrimonio cultural e achegalos ao mundo da etnografía. Os mestres coordinarán todo o traballo, supervisando a recollida da información e ofrecendo as pautas necesarias para que esta actividade adquira carácter de investigación.
Esta investigación poderá versar sobre as ferramentas empregadas polos artesáns, materias primas e os obxectos que se producen, ou tamén sobre a cultura inmaterial que se foi creando arredor dos oficios tradicionais, como contos, lendas e refráns.
Con "Cousas dos avós", o CAT pretende que os escolares se relacionen cos maiores da súa casa ou do seu contorno para obteren a maior parte das fontes orais e documentais para os seus traballos. Deste xeito, os alumnos recollerán información sobre os oficios tradicionais que logo presentarán en soporte fotográfico, informático, sonoro ou gráfico (debuxos, maquetas, escrita), podéndoos combinar ao seu gusto.
Os colexios que desexen participar no concurso deberán cubrir un boletín de preinscrición que se lles facilitará por correo ao longo destes días xunto coas bases do concurso. O boletín de preinscrición remitirano ao CAT por correo (Subida ao Castelo, 10 / 36202 Vigo) ou por fax ao número 986 41 04 76, ata as 14:00 do 22 de marzo. A preinscrición tamén poderá formalizarse cubrindo o formulario que está á disposición dos internautas na sección "Noticias" da páxina web www.vigo.org/artesania.
Cada colexio poderá presentar seis traballos como máximo. O prazo de presentación de traballos rematará ás 14:00 do 19 de maio. O 29 de maio comunicaráselles aos colexios o fallo do xurado. Un primeiro premio e dous accésits serán concedidos aos colexios participantes no concurso.
Para máis información pódese consultar a páxina web www.vigo.org/artesania ou ben chamar ao 986 22 07 58 de 12:00 a 14:00.
O CAT e os oficios tradicionais
O CAT é unha institución que depende do Departamento de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo e que ten entre as súas funcións a recuperación e difusión do patrimonio etnográfico relacionado cos oficios tradicionais.
Nestes oficios a materia prima pode recoñecerse facilmente e os instrumentos clave son as mans, axudadas por ferramentas moi sinxelas para crearen pezas funcionais e únicas, é dicir, non elaboradas en serie.
Moitos destes oficios desapareceron ou están a piques de facelo na nosa comunidade. Por iso, o CAT considera necesario pór en marcha iniciativas sensibilizadoras como o concurso "Cousas dos avós".
Descargar todas as imaxes