O Pleno da Corporación concédelle a Medalla da Cidade ao Real Club Náutico
O Pleno da Corporación Municipal decidiu, por unanimidade, concederlle a Medalla da Cidade ao Real Club Náutico de Vigo, "en consideración á súa centenaria traxectoria a prol da vida deportiva, social e cultural dos cidadáns de Vigo e en consideración á continuidade ininterrompida das súas actividades".
O Real Club Náutico recibe esta medalla cando celebra o centenario da súa andaina como unha das institucións deportivas máis importantes de Vigo e a primeira relacionada co mar.
O Real Club Náutico fundouse o 17 de abril de 1906 como Club Náutico, nun galpón da praia de Areal, celebrando as súas reunións na Comandancia de Mariña. Un fermoso buque de tres paus, fondeado onde hoxe está o edificio social, albergaría o Club posteriormente.
En 1932 iniciou unha importante etapa da súa historia, ao fusionarse co Club Marítimo de Vigo. Nestes anos, o Club organizaría competicións de remo, natación, waterpolo, piragüismo, vela e outras actividades. En 1947 conquistou o primeiro título de campión de España de remo, e deste xeito organizou o campionato de iolas o ano seguinte.
En 1952 o Real Club Náutico inaugurou a súa actual sede social no emblemático edificio con aspecto de navío ancorado en terra, auténtico icono da arquitectura racionalista viguesa. Nesta sede tiveron cabida actividades deportivas, pero tamén sociais e culturais. Máis dunha artista iniciou nas súas salas a súa andaina expositiva e moitos consagrados penduraron as súas obras nas súas paredes.
Varias xeracións de vigueses se iniciaron nos deportes náuticos nesta sociedade: nadadores como Alejandro Febrero (olímpico en 1948), Cholo Armada, o máximo campión de vela da nosa cidade, os irmáns Massó e unha longa lista de deportistas e de logros. Ademais, miles de vigueses iniciaron a súa vida social tras os cristais do Real Club Náutico.
O Náutico ten participado activamente como a primeira sociedade deportiva naval na organización das máis importantes regatas. Sirvan como exemplo a Cutty Sark, a Trois Caps e, máis recentemente, a Volvo Ocean Race. Tamén está o Náutico presente como organizador na regata da Virxe do Carme, a regata das Rías Baixas ou os campionatos de iolas e outrixers.
Entre os galardóns que ten recibido o Real Club Náutico figuran a Orde do mérito deportivo e outras distincións do Goberno autonómico e de clubes estranxeiros.
Segundo afirmou hoxe luns a alcaldesa, Corina Porro, ante o Pleno da Corporación Municipal, "toda esta bagaxe deportiva, social e cultural forma parte, de xeito entrañable, da historia desta cidade".
Descargar todas as imaxes