O Concello realizará reformas na Escola de Artes e Oficios
O presidente do padroado de Escola de Artes e Oficios, Ignacio López Chaves, a directora da escola e o arquitecto municipal, realizaron o martes unha visita ás instalacións do centro co obxectivo de avaliar as reformas precisas que se deben acometer para o correcto mantemento da escola.
Durante a visita estudaron o estado dos sistemas contraincendios e alarmas e acordouse que ,por parte do arquitecto municipal, se redactarán os proxectos para acometer as obras necesarias, que se irán executando de acordo cun plan de actuacións dirixido pola dirección do centro.
Por outra banda, activouse un equipo de estudo para elaborar as melloras no plan de estudos da Escola de Artes e Oficios, no que colaborará a dirección do centro, así como expertos do departamento de Educación do Concello que analizarán o plan de estudos actual e programarán propostas de mellora para os vindeiros cursos.
Descargar todas as imaxes