Setenta e cinco vehículos antigos disputan o próximo sábado o Rallye Rías Baixas Clásico
O próximo sábado18 ás 11:00 en Samil darase o pistoletazo de saída ao Rallye Rías Baixas Clásico, unha carreira de exhibición de vehículos antigos que na súa oitava edición contará coa participación de setenta e cinco automóbiles fabricados entre 1953 e 1980.
Os vehículos estarán expostos ao público a partir das 08:00 xunto ás pistas de tenis de Samil. Na súa maioría, estes automóbiles son dos anos 70, pero presentan un aspecto moi coidado grazas ao cariño que lles teñen os seus donos, segundo asegurou Fernando Mouriño, presidente da escudería Rías Baixas, organizadora do evento.
Ás 11:00 os participantes sairán nunha carreira de exhibición en dirección a Mondariz, localidade á que chegarán arredor das 14:00 e onde gozarán dun descanso de tres horas. Despois, os vehículos volverán a Samil, onde está previsto que cheguen ás 20:00. Media hora máis tarde terá lugar a entrega de premios. Os coches volverán a estar expostos ao público de 20:00 a 23:00.
A organización repartirá folletos con información sobre como seguir a proba en directo ao longo dos camiños de ida e volta. En total, os participantes farán 300 kilómetros, repartidos a partes iguais entre as dúas etapas.
O Rallye Rías Baixas Clásico conta coa colaboración dos concellos de Vigo e de Mondariz, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, ademais de varias empresas privadas. Para a concelleira de Deportes viguesa, Lucía Molares, o Rallye suporá "unha combinación de deporte e atractivo turístico".
Descargar todas as imaxes