Talleres socio sanitarios para os enfermos de Alzheimer
A concellería de Benestar Social e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a creación de dez prazas nos talleres socio sanitarios dos que dispón a asociación.
![1142516907alzheimer.jpg 1142516907alzheimer.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1142516907alzheimer.jpg)
O propósito dos obradoiros é realizar actividades básicas para o mantemento da función física e mental das persoas que padecen Alzheimer , traballando a orientación, a psicomotricidade e todas aquelas tarefas que lles afectan na vida cotiá.
A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia traballa na atención dos enfermos que padecen esta doenza, prestando servizos e apoio aos familiares. No convenio asinado hoxe o Concello aporta á Asociación unha dotación económica de 10.000 euros.
Descargar todas as imaxes