Escoitar

Os grupos políticos dan luz verde a unha urbanización no Calvario

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle á Xunta de Goberno Local hoxe xoves, por unanimidade dos grupos políticos, a aprobación inicial do proxecto de urbanización do polígono 11 do PERI do Calvario.

xoves, 16 mar 2006
1142517770xeren160306.jpg
O Consello da Xerencia tamén deu o seu visto bo á recepción das obras de urbanización identificadas como ED-SU-UE II-10, realizadas en Fragoso. Outras propostas do Consello de hoxe xoves foron a de suspender o estudo de detalle e o proxecto de urbanización da finca "A Torre", situada no camiño Quintela, en Navia, e a de modificar o estudo de detalle do polígono 22 do PERI do Calvario.

Por outra parte, o PSdeG-PSOE presentou unha moción que insta o Goberno local para que traslade "de modo urxente" ao Ministerio de Vivenda programas de desenvolvemento de solo para asentamentos residenciais, industriais e de servizos nas que o propio Ministerio poida participar.

Esta moción, como o resto dos acordos do Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de hoxe xoves, foi adoptada por unanimidade.
Descargar todas as imaxes