luns, 6 feb 2006
A alcaldesa, Corina Porro, mantivo hoxe luns no Concello unha entrevista coa secretaria xeral de Benestar Social da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, María Jesús Lago, para tratar temas como a creación dun centro de emerxencia social e a posta en marcha do Plan Director de Equipamentos.
mércores, 18 xan 2006
A concelleira de Benestar Social, visitou hoxe mércores o Centro de Redución do Dano para Usuarios de Drogas (CEREDA), situado nas inmediacións da praza de España e que vén de presentar a memoria das súas actividades de 2005.
martes, 17 xan 2006
As obras de acondicionamento do edificio Atalaia, de cara á posta en marcha dun centro de día con 40 prazas para persoas maiores, iniciaranse nos próximos días, segundo informou a concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias.
mércores, 4 xan 2006
A concelleira delegada de Participación Cidadá e Benestar Social, Marta Iglesias, agasallou hoxe mércores no Concello os representantes de varias empresas e asociacións de Vigo, en recoñecemento á súa colaboración na campaña "Unha bici, un sorriso", de recollida, reparación e entrega de bicicletas usadas a nenos desfavorecidos.
xoves, 22 dec 2005
Os Servizos Sociais do Concello de Vigo e o futbolista Míchel Salgado distribuirán este Nadal 700 xoguetes aos nenos necesitados a través de diversas asociacións. A iniciativa, chamada "Ningún neno sen xoguete", partiu do xogador do Real Madrid.
xoves, 22 dec 2005
O Concello colabora coa Fundación Menela na programación da exposición "Achégate ás persoas con autismo" que se presentou hoxe xoves, 22 de decembro.
venres, 16 dec 2005
Co gallo da reunión do Consello Local de Accesibilidade mantida hoxe venres, a Área de Discapacidade da Concellaría de Benestar Social presenta o informe das actividades que realizou durante 2005.
martes, 13 dec 2005
Durante os días 14, 15, 16 e 17 de decembro terá lugar a IX edición da campaña "DE BOA MAN", de divulgación de productos realizados por persoas con discapacidade. A campaña promovida pola concellería de Benestar Social e financiada pola Obra Social de Caixa Galicia, estará instalada na rúa Príncipe, esquina Velázquez Moreno.
luns, 12 dec 2005
Voluntarios da Asociación Española contra o Cancro (AECC) celebraron hoxe luns o Día Mundial do Voluntario formando un gran uve na praza do Rei, acompañados pola concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias.
mércores, 7 dec 2005
O Concello desenvolve durante o presente mes de decembro a campaña "Unha bici, un sorriso", consistente na recollida de bicicletas usadas para a súa reparación e posterior entrega, o día de Reis, a persoas con escasos recursos.