martes, 4 abr 2006
A Oficina Municipal de Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados coordina a xornada de traballo que se desenvolverá mañá mércores no Instituto Municipal de Educación (praza da Industria, s/n) arredor da importancia cada vez máis palpable da relación entre inmigración e escola.
xoves, 30 mar 2006
Colombia porá a disposición dos seus cidadáns un Consulado Móbil en Vigo para que poidan realizar trámites como solicitar pasaportes e documentos de identidade sen necesidade de desprazarse ata o Consulado Xeral, que está situado en Madrid. O Consulado Móbil estará aberto a partir de mañá venres ata o domingo 2 de abril na lonxa do Concello.
martes, 21 mar 2006
O Concello vai levar a cabo ao longo deste ano, coa axuda de fondos FEDER, da Fundación ONCE e do IMSERSO, diversas actuacións en varias rúas da cidade para eliminar as barreiras arquitectónicas e deste xeito adaptar os espazos urbanos á Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras.
xoves, 16 mar 2006
A concellería de Benestar Social e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia asinaron un convenio de colaboración para a creación de dez prazas nos talleres socio sanitarios dos que dispón a asociación.
mércores, 15 mar 2006
A concelleira Marta Iglesias presentou hoxe mércores ante os medios de comunicación o acordo que proporá no próximo Pleno en relación ao aumento dos tempos nas listas de espera para adoptar menores.
xoves, 9 mar 2006
A alcaldesa, Corina Porro, fixo entrega hoxe xoves da recadación de Vigolandia ao grupo "O Imám", formado por persoas afectadas polo VIH/SIDA e por diversas adiccións, así como por outras persoas solidarias.
mércores, 8 mar 2006
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou os cursos de adestramento da memoria dirixidos as persoas maiores que comezan a ter esquecementos frecuentes e para as que queiran manter a súas facultades en plena forma.
venres, 3 mar 2006
O Concello de Vigo participa no programa organizado pola Deputación de Pontevedra para a realización de actividades lúdicas e de saúde nos balenarios de Cuntis, Mondariz e A Toxa. Os insteresados poderán inscribirse ata o 20 de marzo.
luns, 20 feb 2006
O Concello e a Xunta colaborarán para o desenvolvemento dun programa integral de atención, orientación e asesoramento a inmigrantes e emigrantes retornados a Vigo, que ten coma finalidade facilitar a integración social deste colectivo. A alcaldesa, Corina Porro e o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, José Luis Méndez Romeu, asinaron o sábado pasado un convenio con este obxectivo.
luns, 20 feb 2006
A concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias, presentou os talleres de formación en prevención de drogodependencias para pais e nais de xuntas directivas das ANPAs e para orientadores de centros de ensino. Estas accións formativas intégranse dentro do convenio para o desenvolvemento de programas de prevención, que o Concello ten asinado para o curso 2005-2006 coa consellería de Sanidade da Xunta- Comisionado do Plan de Galicia sobre Drogas.