Escoitar

Cen xubilados vigueses farán un cruceiro polo Exeo grazas ao Concello

Cen xubilados de Vigo saíron hoxe luns ao mediodía da praza do Rei con destino a unhas vacacións de oito días no Mar Exeo. Os maiores realizarán, subvencionados polo Concello e a Deputación, un cruceiro que os levará de Venecia a Estambul.

luns, 4 set 2006
1157373885cruceiro06.jpg
Nos autobuses que os levarán ao aeroporto de Santiago, os cruceiristas recibiron, antes de partir, a despedida da alcaldesa, Corina Porro, quen lles desexou unhas felices vacacións.

Xunto á rexedora estaba a concelleira Marta Iglesias, quen explicou que os maiores se embarcarán en Venecia nun cruceiro que surcará o Mar Adriático pasando por Dubrovnik ata Corfú, para logo facer escalas en Atenas, Rodas e Estambul.

Estas vacacións forman parte dun programa da Deputación que se iniciou o ano pasado e ao que o Concello de Vigo se acolleu este ano por primeira vez. O próximo día 18 outros 60 beneficiarios deste programa partirán de Vigo para gozar das súas vacacións no mar.

Descargar todas as imaxes