Escoitar

Campaña de recollida e reparación de bicicletas para o día de Reis

O Concello desenvolve durante o presente mes de decembro a campaña "Unha bici, un sorriso", consistente na recollida de bicicletas usadas para a súa reparación e posterior entrega, o día de Reis, a persoas con escasos recursos.

mércores, 7 dec 2005
1133963462bicicartel0712.jpeg
Ao longo de todo este mes poderanse entregar bicicletas nos seguintes puntos: tenda de biclicletas Agreste (rúa Xílgaro, O Calvario), tenda de bicicletas Anca (A Seara, As Travesas), Palacio de la bicicleta (Sanjurjo Badía, Teis), Centro Cívico Veciñal de Valadares e Parque Central do Concello en Santa Cristina (Lavadores). A Asociación "A Golpe de Pedal" encárgase de recollelas nestes lugares, levalas ás tendas en furgonetas, recollelas arranxadas e almacenalas para o seu reparto o día de Reis.

As bicicletas arranxaranse de tal modo que poidan ser utilizadas por persoas con escasos recursos, en especial nenos e nenas. Diferentes colectivos traballarán de maneira desinteresada para conseguir este obxectivo. Son os seguintes talleres de reparación: Agreste, Anca, Biciocon, Bicitotal, Ciclos Alonso, Ciclos Marcos, Comercial Casares, Gonzalo Aguiar, Palacio de la bicicleta e Vigobike.

No reparto das bicicletas o día de Reis participarán as traballadoras sociais do Concello. Ademais, terá lugar un acto público de entrega simbólica das bicicletas no cal se agradecerá a colaboración dos colaboradores e patrociandores desta iniciativa.
Descargar todas as imaxes