Continúan as actividades de Nadal en Vigozoo
Entre as actividades de Vigozoo para este Nadal destacan a campaña "Nadal Solidario. Un neno, un alimento", as visitas escolares, o programa "Aula no zoo" e a celebración de aniversarios para nenos.
Segundo o concelleiro delegado de Vigozoo, José Manuel Couto, con estas actividades o Concello quere "potenciar o zoo como elemento educativo, cultural e lúdico, inculcando amor pola natureza". Outro dos obxectivos é converter o parque da Madroa no principal zoolóxico non só de Galicia, senón tamén do Norte de Portugal. Neste sentido, o concelleiro delegado informou de que Vigozoo ten recibido 90.000 visitantes no que vai de ano e que a 31 de decembro se poderán ter superado os 100.000. Esta cifra sería similar á de 2004.
Actividades
A campaña "Nadal Solidario. Un neno, un alimento" volve a Vigozoo na súa segunda edición. Durante o Nadal, os nenos de 3 a 16 anos poderán entrar gratis no parque traendo alimentos non perecedeiros que se destinarán a fins benéficos. Esta campaña vai ligada, ademais, a un concurso de debuxo no que poderán participar os rapaces de 6 a 16 anos que colaboren nela.
Durante estas datas, tamén haberá unha exposición especial de Nadal. Con ela tratarase de dar a coñecer aos visitantes o por qué dalgunhas tradicións destas festas, cómo a natureza pode influír nos nosos comportamentos e cómo nós podemos influír negativamente nela.
Ademais, levaranse a cabo as mesmas actividades gratuítas que se viñan desenvolvendo no verán para o público en xeral, pero adaptadas ao horario de inverno do parque. Neste sentido, xa se pode gozar de proxeccións de vídeos de natureza e astronomía, de mesas interpretativas de cornas, mudas e rastros, de sesións de planetario a cargo da asociación astronómica Galileo Gallilei e do toca-toca, no que os visitantes se poñen en contacto directo cos animais.
En canto ás actividades dirixidas a centros de ensino, existen varias ofertas en función da época do ano e do nivel educativo dos participantes. Hai visitas guiadas, toca-toca e proxeccións audiovisuais no salón de actos, pero o prato forte constitúeo "Aula no Zoo". Trátase dunha actividade dirixida a grupos escolares de primaria e secundaria, que se levarará a cabo entre outubro de 2005 e abril de 2006. Nela, un grupo de alumnos, xunto co seu profesor ou titor, participará nunha serie de actividades dende as 11:30 da mañá ata as 17:30 da tarde. Visitas guiadas, toca-toca, proxeccións audiovisuais, obradoiros, xogos e animación son só parte do que poden atopar. A actividade ten un custo de 10 euros por participante e un mestre poderá entrar de balde por cada grupo de 20 persoas.
Por último, a posibilidade de celebrar o aniversario no zoolóxico completa a oferta de Vigozoo para os cativos. Con "Cumpreanos no zoo", os rapaces poden merendar na cafetaría do centro despois dunha visita guiada e dunha sesión de toca-toca. Esta actividade levarase a cabo unicamente os sábados pola tarde mediante reserva previa e os menús teñen un prezo mínimo de 4,00 euros.
No seu horario de inverno, Vigozoo permanece aberto os días laborables, menos o luns, de 11:00 a 18:30, e os domingos, de 11:00 a 19:00. As liñas de Vitrasa que levan ao parque zoolóxico son a C-9 e a 28.
Descargar todas as imaxes