Escoitar

Cincuenta e cinco nenos competirán en Bouzas polo Campionato Galego de Tiro con Arco

Cincuenta e cinco nenos e nenas de idades comprendidas entre os cinco e os 14 anos competirán o sábado 10 de decembro no VIII Campionato Galego de Tiro con Arco, que se desputará no Pavillón Municipal de Bouzas.

mércores, 7 dec 2005
1133958347tiro.jpg
Os rapaces, pertencentes a 13 clubes da nosa comunidade, tentarán facerse cos títulos das categorías esquío, benxamín, alevín e infantil. Tanto polo número de arqueiros como polo de clubes, este VIII Campionato supera considerablemente a participación rexistrada o ano pasado.

Na categoría de esquíos, os nenos, de ata oito anos, tirarán 30 frechas a unha distancia de 12 metros. Os benxamíns, de oito a 10 anos, tirarán 30 frechas a unha distancia de 18 metros. Os de 10 a 12 anos, dentro da categoría alevín, tirarán 60 frechas a unha distancia de 18 metros. Por último, no caso dos infantís, de 12 a 14 anos, serán 60 frechas as que tirará cada participante, tamén a unha distancia de 18 metros pero tentando facer branco nunha diana máis pequena, na que as puntuacións posibles van do 10 ao seis, valendo os restantes espazos cero.

O Club Arqueros Nito Ruiz, que acaba de cumprir 10 anos, espera que os seus arqueiros deixen a Vigo nun bo lugar, como anfitrións e tamén como participantes.

A proba deportiva desputarase de 16:30 a 20:30 no Pavillón Municipal de Bouzas.
Descargar todas as imaxes