Escoitar

O Pleno aproba gratificacións aos traballadores do Concello e destina máis diñeiro á productividade

O Pleno da Corporación Municipal, reunido o mércores con carácter extraordinario, aprobou inicialmente, cos votos a favor do PP e a abstención dos grupos da oposición, o proxecto de modificación puntual do acordo que regula as condicións de traballo do persoal do Concello, establecendo gratificacións con efectos do ano 2005.

mércores, 7 dec 2005
1133957253pleno0712.jpg
Así, os recargos previstos nos parágrafos seis e nove do Acordo pasan a denominarse "gratificacións". A contía destas gratificacións queda fixada en 2,50 euros nas horas de xornada nocturna que se realicen entre as 22:00 e as 7:00, e en 3,70 euros nas horas realizadas en sábados e días festivos.

Tamén se modifican, pasando a denominarse "gratificacións", as compensacións previstas no artigo 16.B. a) do segundo parágrafo do Acordo, referente ao traballo efectuado entre as 10:00 do 24 de decembro e as 15:00 do 25 de decembro, e no mesmo horario os días 31 de decembro e 1 de xaneiro. A contía destas gratificacións será de 120 euros.

Ademais, o Pleno autorizou a implementación da partida destinada a productividade por unha contía de 430.000 euros, aplicando para iso os créditos non consumidos durante a presente anualidade nas diversas partidas e servizos.

Por último, o Pleno deu o seu visto bo á implementación das consignacións orzamentarias referidas aos complementos de productividade dos organismos autónomos da Escola de Artes e Oficios (por 25.000 euros) e do Instituto Municipal de Deportes (por 18.000 euros).
Descargar todas as imaxes