Escoitar

Pleno da Corporación Municipal

Convócase o Pleno da Corporación para ter lugar sesión extraordinaria no salón de Plenos ás 8:30 do día 7 de decembro, para resolver os asuntos da seguinte relación.

luns, 5 dec 2005
XESTIÓN MUNICIPAL

1.- Aprobación inicial do proxecto de modificación puntual do Acordo Regulador das condicións de traballo do persoal do Concello de Vigo.

2.- Implementación da consignación da partida 121.0.1500000 "Productividade", nunha contía máxima de 430.224,73 €. Expte. 16137/220.

3.- Implementación da consignación orzamentaria referida ó complemento de productividade do Organismo Autónomo Escola de Artes e Oficios.

4.- Implementación da consignación orzamentaria referida ó complemento de productividade do Organismo Autónomo Instituto Municipal dos Deportes.