Pérez Mariño recibiu a alcaldes da Rexión de Turismo de Val de Minho

luns, 13 out 2003

O alcalde Vigo recibiu a membros do comité organizador do Salón de Turismo, Expogalaecia , acompañados do presidente da Rexión de Turismo de Val do Minho, Francisco Sampaio e dunha ampla representación de alcaldes da Asociación de Municipios desa mesma zona que lle presentaron o programa que se desenvolverá no IFEVI de forma paralela a Vigoferia.

O Alcalde inaugura un seminario de entidades non lucrativas

venres, 10 out 2003

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asegura que unha sociedade é xusta e solidaria cando é capaz de tecer e implicar a distintos colectivos na busca de melloras sociais. Así o manifestuo durante a apertura do Seminario de Entidades Non Lucrativas organizado pola Asociación de Xordos de Vigo que se desenvolve no Centro Social Caixanova.

O alcalde visita a Cidade Universitaria

mércores, 8 out 2003

Domingo Docampo, Rector da Universidade, recibiu esta mañá o alcalde Ventura Pérez no campus Lagoas-Marcosende para amosarlle a Cidade Universitaria e as novas dependencias do Rectorado emprazadas alí. Durante o paseo, no que estiveron acompañados en todo momento polo vicerrector de Planificación Alberto Gago Rodríguez, polo concelleiro de Patrimonio Xosé Carlos Arias e polo xerente de Cidade Universitaria Rafael Núñez, puideron contempla-las diferentes infraestructuras concibidas polo arquitecto Enric Miralles ó servicio da comunidade universitaria.

O conselleiro de Medio Ambiente comprométese a colaborar na solución dos problemas da depuradora

luns, 6 out 2003

O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, recibiu hoxe ao conselleiro de Medio Ambiente, José Manuel Fernández Barreiro, quen lle explicou de primeira mán os motivos que, segundo o departamento que dirixe, xustifican o incremento de prezos que aprobou Sogama. Pérez Mariño asegurou que ata que non chegue ao Concello a comunicación oficial desta suba non fará valoracións sobre esta cuestión.

Unha comisión municipal coordinará actuacións que incidan sobre a vía urbana

martes, 23 set 2003

O Goberno municipal creou hoxe a Comisión de Vía Urbana co obxectivo de coordinar tarefas relacionadas coa vía pública que implican varios aspectos da xestión municipal como limpeza, fachadas, "botellón", pavimentos de beirarrúas.O primeiro acordo desta comisión é a posta en marcha dunha campaña de limpeza e de recollida de residuos en terreos e beiravías.

Vigo alcanza ós 300.303 habitantes empadroados

luns, 22 set 2003

A Comisión Informativa de Réxime Interior aprobou o resumo numérico correspondente á poboación do termino municipal de Vigo alcanzando un total de 300.303 habitantes. Os datos dedúcense do padrón municipal de habitantes renovado en xaneiro do 2003.