Unha comisión municipal coordinará actuacións que incidan sobre a vía urbana
O Goberno municipal creou hoxe a Comisión de Vía Urbana co obxectivo de coordinar tarefas relacionadas coa vía pública que implican varios aspectos da xestión municipal como limpeza, fachadas, "botellón", pavimentos de beirarrúas.O primeiro acordo desta comisión é a posta en marcha dunha campaña de limpeza e de recollida de residuos en terreos e beiravías.
O plan, segundo explicou o seu impulsor, o concelleiro de Limpeza, Amador Fernández, consistirá en que os particulares procedan a cortar as silveiras e maleza dos seus terreos e a recoller os residuos alí depositados. A continuación os servicios municipais trasladarán os residuos ao lugar axeitado.
A iniciativa, que se porá en marcha a mediados do mes próximo mes de outubro, aplicarase paulatinamente en todas as parroquias, comezando por Valladares-Matamá, Zamáns-Beade, Bembrive-Cabral, Candeán Lavadores, Teis-San Paulo, Saiáns-Oia, Coruxo-Comesaña e Castrelos-Sárdoma. A continuación, o plan estenderase a outras zonas como Navia, Fragoso e Florida.
A Comisión de Vía Urbana, que estará integrada por Mauricio Ruiz, concelleiro de Urbanismo; Xabier Toba, Vías e Obras; Xulio Calviño, Seguridade e Tráfico; Amador Fernández, Limpeza; Belén Sío, Sanidade e Xuventude; María Xosé Porteiro, Medio Ambiente e Parques e Xardíns e Miguel Barros, de Electromecánicos, reunirase todos os luns despois da Comisión de Goberno e contará coa coordinación da Xefa de Gabinete da Alcaldía, Lilian Álvarez. O próximo luns día 29 a Comisión abordará o tema do "botellón".