venres, 26 setembro 2003

Presentada a "Agrupación de Amigos do Marco"

venres, 26 set 2003

A directora do Museo de Arte Contemporánea, Carlota Álvarez Basso, presentou a Agrupación de Amigos do Marco,organización sen ánimo de lucro que ten como fins promover, estimular e apoiar accións culturais relacionadas co Museo. Basso estivo acompañada pola presidenta de Agrupación, Daniela Sarraíno.<br /> <br />

Limpeza está a acondicionar a praia do Adro de Bouzas

venres, 26 set 2003

A Concellería de Limpeza continuou hoxe cos traballos de acondicionamento da praia do Adro, situada en Bouzas. Duas brigadas, acompañados de personal municipal , iniciaron a pasada semana as tarefas de retirada da capa superficial de lodo para conseguir que este areal se rexenere coas mareas.

O 3 de outubro remata o prazo de inscrición da Escola Municipal de Danza

venres, 26 set 2003

A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo principia proximamente un novo curso coas modalidades de danza tradicional galega e percursión. Os interesados poden inscribirse ata o 3 de outubro e deben presentar as súas solicitudes nas dependencias da escola, situada no soto do Concello.<br />