Facenda inicia os trámites para reducir o IAE aos afectados de Urzaiz
A Concellería de Facenda do Concello de Vigo comunica que xa están iniciados os trámites das posibles reduccións do Imposto de Actividades Económicas para as empresas afectadas polas obras do parking de Urzaiz. Desde o departamento que dirixe o concelleiro Miguel Barros asegurase que están cursadas as instruccións para que esta iniciativa se leve a cabo coa maior celeridade, segundo marca a ordenanza municipal, polo que se considera innecesaria a petición realizada polo grupo municipal popular.<br />
Como resposta á solicitude de reducción do Imposto de Actividades Económicas que a Asociación de Comerciantes Zona Centro presentou o pasado 19 de setembro no Rexistro Xeral do Concello, o departamento de Facenda comunica que aproximadamente o 88 por cento das actividades da zona están exentas do IAE, e no que respecta ao resto das empresas, puntualiza que, o pasado día 22 de setembro desde esta Concellería comunicóuselle á presidenta da Asociación de Comerciantes Zona Centro a necesidade de aportar os datos aos que se refire o artigo 6 da ordenanza fiscal do imposto e remítese por escrito, con esa mesma data, o requirimento da información necesaria para tramitar as posibles reduccións. Unhas rebaixas que normalmente se tramitan finalizado o exercicio e que neste caso se adiantan.
No que se refire ao lixo, a Concellería pronunciouse publicamente sobre a inviabilidade legal de condonar a taxa de prestación de servicio de recollida de lixo, toda vez que este servicio foi prestado e non abonda suficientemente as incomodidades das obras para proceder a condonación do seu pagamento. Mantendo o mesmo xeito de proceder que o Concello tivo en outras obras de similar envergadura e duración como Abrir Vigo ao Mar, túneles ou outras.
Descargar todas as imaxes