O Concello asina convenios de colaboración cos sindicatos
Participación Cidadá asina unha prórroga do convenio entre o Concello de Vigo e as Unións comarcais dos sindicatos UXT.CC.OO e CIG, e segundo acordou hoxe a Comisión de Goberno. O convenio, que alcanza a cuarta prórroga, ten como fin o desenvolvemento dun programa de colaboración e cooperación que permita a prestación descentralizada dun servicio de información e atención ó cidadán.
No convenio, que ten un importe económico de 32.454 €, tamén se contempla o desenvolvemento dun novo programa de actividades sociais de interese xeral para ó cidadán. Así o sindicato UXT ten previsto realizar días xornadas; unha sobre "O acoso moral e a degradación das conductas de traballo" e outra sobre " O reto da incorporación ó traballo". A CIG programa as charlas sobre "A catástrofe do Prestige e as súas repercusións socioeconómicas en Galicia" e "A guerra de Iraq, as súas repercusións mundiais e os efectos do imperialismo dos EE.UU". O sindicato CC.OO. ten previsto organizar as xornadas sobre "Saúde e traballo" e "A defensa da ría".
Por outra banda , a Comisión de Goberno aprobou o acordo da prorroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Vigo para o desenvolvemento dos programas e servicios de tratamento de drogodependencias para o ano 2003 cunha cantidade de 58.430 €.