Vigo celebra á campaña "A cidade sen meu coche"
O concelleiro de Tráfico, Seguridade e Transporte, Xulio Calviño, presentou a campaña"A cidade sen o meu coche" que se celebrará as días 21 e 22 de setembro e que este ano céntrase na "accesibilidade". "Consiste nunha xornada de concienciación dirixida á cidadanía para que reflexione sobre a utilización do vehículo privado", explicou Calviño.
As actividades previstas son unha marcha cicloturista o día 21 que sairá ás 12 .00 h. do Mercado do Calvario e rematará na Praza da Constitución. O luns, día 22, a partir das 17.00 h. a praza de Compostela acollerá carreiras pedestres, ciclista e de patíns.Ese día dende as dez da mañá ata ás oito da tarde a praza da Compostela e as rúas limítrofes estarán ó servicio dos peóns.
Vigo súmase a esta campaña europea que principiou en Francia en 1998 e na que participaron preto de 1.500 cidades no ano pasado, entre as que estaban tamén Lugo, Monforte, Ourense e Santiago.
A ACCESIBILIDADE é o tema central da Semana Europea da Mobilidade 2003. O obxectivo é crear unha cidade agradable, que proporcione mobilidade á cidadanía en función das súas necesidades específicas. Con este tema central, a Semana Europea da Mobilidade quere contribuir ó Ano Europeo das Persoas con Discapacidade.
A semana Europea da Mobilidade e ¡ A cidade, sen o meu coche! son iniciativas que xorden para dar respostas ós problemas asociados ó uso do coche nas cidade. Hoxe en día, case un 40 % das emisións de CO debidas ó sector do transporte, son xeradas por vehículos privados en contornos urbanos.
As campañas de concienciación que promovan o cambio de comportamento son as claves para o desenvolvemento dun transporte urbano máis sostible e eficaz.
Por outra banda, Xulio Calviño informou que o próximo mércores día 24 participará en Bruselas no Foro Civitas da Unión Europea coa intención de que a cidade de Vigo poda incorporar ó mesmo.O proxecto civitas ten relación cos temas de mobilidade sostible co medio ambiente na procura dun mellor transporte público para as cidades, así como de ir implementando zonas peatonais.
Descargar todas as imaxes