O Concello facilita autobuses gratuítos durante a fin de semana para achegarse ao recinto feiral do Ifevi
As persoas que asistan á Feira Mundial da Pesca a fin de semana poderán acceder nos autobuses gratuítos que o Concello habilitará para facilitar que todos os cidadáns podan achegarse a un acontecemento tan importante para Vigo. Deste xeito, dúas liñas lanzadeiras funcionarán o sábado e o domingo a partir das 9:25 da mañá para facilitar o acceso ao recinto feiral da World Fishing Exhibition.
O primeiro itinerario parte de Colon 22 e ten paradas en Urzáiz 20, Gran Vía 12, Avenida de Madrid, 2 (fronte Estación de Autobuses), e Avenida Madrid Seminario. Esta liña comezará a funcionar as 9:35 horas, cun intervalo de 20 minutos. O segundo dos itinerarios parte da Praza de América (altura do C. Comercial Antiguo) para pasar por Gran Vía (calle Carmen), Avenida de Madrid e Avenida Madrid Seminario. Esta liña comezará a circular ás 9:25 horas e tamén terá unha frecuencia de 20 minutos.
Con esta iniciativa o Concello pretende achegar a feira a todos os vigueses, ademais de tratar de optimizar os aparcamentos do recinto do Ifevi, que este ano ampliáronse ata ás 2.500 prazas.
Con esta iniciativa o Concello pretende achegar a feira a todos os vigueses, ademais de tratar de optimizar os aparcamentos do recinto do Ifevi, que este ano ampliáronse ata ás 2.500 prazas.