Escoitar

Cultura potencia un plan municipal de lectura

O concelleiro de Cultura,Santiago Domínguez presentou o Plan Municipal de lectura 2004-2007, tendente á potenciación e animación da lectura na nosa cidade como eixo fundamental do achegamento de tódolos cidadáns á información e á propia cultura.

mércores, 17 set 2003
1063803914santiago2.JPG
Santiago Domínguez
Este Plan Municipal de Lectura, que será presentado a finais deste ano, contemplará varias facetas e liñas mestras tales como:animación á lectura para tódalas idades;rede de bibliotecas de barrio;dinamización do Verbum como espacio fundamental de comunicación; campañas de difusión da literatura en tódolos seus eidos;charlas, coloquios e tertulias sobre o feito comunicativo-literario;potenciación e apoio ós puntos de lectura en barrios e centros de ensino.

Potenciación dos "puntos de lectura"

Como primeiro paso deste Plan Municipal de Lectura a Concellería pon en marcha xa un programa a catro anos para potenciar os Puntos de lectura naqueles locais das Asociacións veciñais e Agrupacións culturais. Este programa levará consigo a elaboración do primeiro "Mapa Municipal de puntos de lectura". Posteriormente verase ampliado polos puntos de lectura existentes nos Centros de ensino da cidade.

Este programa, a súa vez, divídese en tres fases:
Fase 1: Elaboración dun rexistro de todos aqueles puntos de lectura existentes coas súas características, número de volúmenes, conexión a internet.
Fase 2: Visita ós distintos puntos de lectura para detectar as necesidades reais existentes.
Fase 3: Dotación a estes puntos de lectura do material necesario, así como o apoio técnico preciso.

Unha vez elaborado o Mapa municipal de puntos de lectura e unha vez completadas paulatinamente as necesidades dos mesmos, a Concellería de Cultura porá en marcha en coordinación con todos eles a primeira Campaña Municipal de Animación á Lectura "Na túa casa un libro"

Por último, en referencia á potenciación destes puntos de lectura, a Concellería realizará unha publicación, que será distribuída a toda a cidadanía, onde virán recollidos todos e cada un dos puntos de lectura existente na nosa cidade, co obxecto que tódolos cidadáns poidan coñecer de primeira man cal é o punto de lectura que teñen máis perto da súa casa.
Descargar todas as imaxes