Escoitar

Comeza a Feira Mundial da Pesca

Do 17 o 21 de setembro a a World Fishing Exhibition converterá a Vigo en punto de encontro da industria pesqueira internacional.Os actos da World Fishing organizados polo Concello comezarán ás 10:30 horas, cando os alcaldes das sete grandes cidades de Galicia izarán a súa correspondente bandeira local no recinto feiral de Cotogrande.

martes, 16 set 2003
1063783820puerto.jpeg
Porto pesqueiro de Vigo
Esta nova convocatoria, a quinta que ten como escenario ó primeiro porto de pesca de Europa, é unha oportunidade para coñecer a resposta que están dando as empresas do sector ós retos que ten o desenvolvemento desta actividade no século XXI.

A quinta edición desta feira será, segundo as previsións, un éxito de expositores e países, que espera a visita de 60.000 profesionais. Asistirán 700 empresas procedentes de 50 países; 13 países disporán de pavillón na exposición (Canadá, Cuba, Dinamarca, España, Francia, Holanda, Illas Feroe, Islandia, Italia, Noruega, Nova Zelanda, Reino Unido y Suecia). Por outra parte, varias institucións terán presencia destacada na World Fishing; como a Xunta de Galicia, a Junta de Andalucía, FROM, Dirección Xeral de Pesca da Unión Europea, Axencia Española de Cooperación Internacional e Asociación de Industrias Marítimas de Euskadi.

Os actos da World Fishing organizados polo Concello comezarán o mércores, día 17 ás 10:00 horas, cando os alcaldes das sete grandes cidades de Galicia izarán a súa correspondente bandeira local no recinto feiral de Cotogrande. Despois procederase a solta de pombas e haberá unha actuación musical. "Nos pareció muy significativo que las ciudades más importantes de Galicia formaran parte de un acontecimiento como esta Feria. Más allá de localismos, queremos mostrar a la Galicia más emprendedora, teniendo como capital Vigo".

A continuación, os alcaldes visitarán a exposición, para trasladarse despois ata o Museo de Arte Contemporáneo, onde recibirán aos membros da Welsh Guard Band, cando ésta remate o seu desfile pola rúa Príncipe. Despois de percorrer as instalacións do Museo de Arte Contemporáneo e de ser convidados a comer no Pazo Quiñones de León, os sete edís galegos visitarán o Museo do Mar.

As 18:00 horas voltarán ao recinto feiral do Ifevi para presenciar a inauguración oficial da World Fishing. A xornada rematará as 21:00 horas nunha cea multitudinaria que se organizará no Museo de Alcabre para autoridades, expositores e profesionais do sector da pesca. O xoves día 18 terá lugar en Castrelos a recepción oficial de expositores ás 20:00 horas na que se contará coa actuación musical da Welsh Guard Band.
Descargar todas as imaxes