Escoitar

Participación Cidadá orginizará unhas xornadas sobre o movemento asociativo de Vigo

A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, deu conta dos contactos e visitas que mantivo durante os meses de xullo e agosto con 32 asociacións veciñais da cidade e salientou que todas as asociacións manifestaron o excesivo peso que sigue a ter a burocracia municipal en relación cos distintos procedementos administrativos.

luns, 15 set 2003
1063629887MARIA_MENDEZ.jpg
María Méndez e Elena González
A concelleira resaltou a importancia do movemento asociativo na vertebración da sociedade civil como factor clave para facer unha cidade máis humana e de máis calidade de vida. Desde a concellería imos seguir impulsando a relación entre os cidadáns sexa a nivel particular ou organizados en colectivos e o concello para conseguir que a democracia representativa e a democracia participativa vaian da man.

A concelleira quixo coñecer in situ o qué son ás asociacións veciñais , os recursos humanas e materiais cos que contan , as actividades que realizan e cales son os problemas , as inquedanzas e as expectativas que teñen con respecto á Concellería de Participación. En temas xerais o movemento veciñal é unha realidade viva e consolidada que está vivindo un momento de cambio. A concelleira detectou as similitudes e diferencias entre as asociación do rural, periurban, e urbano. No urbano hai déficits de infraestructuras cívicas e comunitarias aínda que no pasado mandato avanzouse moito. No rural o que mais se detectaron foron déficits de mantemento de infraestructuras e certa carencia de gasto corrente para o desenvolvemento de actividades.

María Méndez salientou que todas as asociacións manifestaron o excesivo peso que sigue a ter a burocracia municipal en relación cos distintos procedementos administrativos polo que retomou a vella aspiración do conseguir a xanela única que facilite a presentación de solicitudes ante as distintas administracións. Outros das peticións que formularon as asociacións á concelleira refírense a que se siga camiñando na implantación das novas tecnoloxías e tamén a posta o día do Regulamento de Participación Cidadá e da actualización do rexistro de asociacións. As asociacións manifestaron o seu desexo de participar máis activamente na vida municipal.

A concelleira adiantou que no primeiro trimestre do próximo ano organizaranse unhas xornadas de participación para falar do presente e do futuro do movemento asociativo en Vigo.

Convenio coa Federación de Veciños

A concelleira de Participación Cidadá, María Méndez, e a presidenta da Federación de Asociación de Veciños, Elena González, asinaron un convenio de colaboración polo que se regula o desenvolvemento da actividades en materia de participación cidadá, cultural e socio-comunitario polos distintos barrios e parroquias de Concello de Vigo. O Concello establece unha contrapartida económica de 54.091 € para a materialización do convenio.

Descargar todas as imaxes