A Fundación Laxeiro inaugura unha exposición de debuxos inéditos do pintor
A Fundación Laxeiro inaugura no Museo Ramón María Aller de Lalín a exposición titulada "Laxeiro, debuxos inéditos I". Unha mostra que a propia Fundación Laxeiro producira o pasado ano na súa sede de Vigo e que agora, visita a vila natal do artista.
Esta mostra, enmarcada no convenio de colaboración que o Concello de Lalín e a Fundación Laxeiro teñen asinado e que compromete á segunda a facer tódolos anos algunha actividade cultural en Lalín, é unha perfecta ocasión para apreciar o aspecto máis íntimo e procesual de Laxeiro.
Composta por obras procedentes de coleccións particulares que a Fundación Laxeiro leva catalogando desde hai dous anos, amosa o Laxeiro máis inmediato. Os bocetos e estudios do artista, son os protagonistas da exposición, aportando unha ollada á parte máis procesual do pintor de Lalín.
Os motivos plasmados nas obras, dan boa conta das fontes de inspiración de Laxeiro: paisanos, paisaxes, maternidades, mulleres, etc., nos din que Laxeiro era un artista a pe de rúa e nos amosa a vertente debuxística do artista, técnica que nunca deixou de practicar, desde os seus anos mozos, cando como barbeiro percorría as vilas da bisbarra do Deza, ata a última etapa da súa vida, cando era parte da paisaxe humana da cidade de Vigo, sempre preparado para debuxar en calquera soporte improvisado: desde os panos de calquera bar, ata en papeis reciclados de carteis e afiches.
Esta mostra, a primeira dunha serie que a Fundación dedicará ó aspecto debuxístico do pintor, comprende pezas que van desde os anos trinta ata os anos setenta, co que se pode facer un percorrido bastante completo pola súa traxectoria debuxística, desde a súa mocidade como artista xove, ata os primeiros anos do retorno da Arxentina.
De tódolos xeitos, non pretende ter un aspecto cronolóxico, senón que se establece como unha mostra inmediata, espontánea, como a propia obra que se amosa.
A exposición poderá visitarse ata o 30 de setembro.