xoves, 11 setembro 2003

Comezan os actos da Semana Azul de Medio Ambiente

A Concellería de Medio Ambiente organiza uns actos co nome Semana Azul cos que finaliza a tempada de praias e mediante os que se quere agradecer e recoñecer todas as accións dirixidas a preservación do medio, ben sexa, dunha forma individual e anónima, ou mediante colectivos (representados polas agrupacións, asociacións, voluntarios ou escolares).

Bouzas acolle as probas do Triatlón Cidade de Vigo

xoves, 11 set 2003

A concellería de Deportes presentou hoxe enrolda de prensa a celebración do XVII Triatlón Cidade de Vigo que terá lugar o vindeiro domingo día 14 nos arredores da praia de Bouzas. A proba está organizada polo Club Triatlón Vigo e autorizada pola Federación Galega de Triatlón.

Medidas de tráfico derivadas das obras do aparcamento de Urzaiz

xoves, 11 set 2003

A concelleira María Luísa Graña anunciou as medidas de tráfico que se producirán a partir do martes, día 16, con motivo do inicio da terceira fase das obras do aparcadoiro de Urzaiz e que afectarán o traxecto que media desde a Gran Vía ata María Berdiales.