Escoitar

Exposición de Lugrís na Fundación Caixa Galicia

A Fundación Caixa Galicia inaugura o 11 de setembro, ás 20:00 horas, na súa sede de Vigo (Policarpo Sanz, 31), unha exposición coas obras de Urbano Lugrís pertencentes a súa colección de arte que permanecerá na cidade ata ó 31 de outubro.

mércores, 10 set 2003
A exposición está composta de 25 cadros que forman parte dunha das coleccións privadas de arte máis importantes de España. Ó acto de inauguración asistirán Santiago Domínguez Olveira, concelleiro de Cultura do Concello de Vigo, e Rosario Sarmiento Escalona, responsable de Proxectos Culturais da Fundación Caixa Galicia.

A exposición integrase dentro do convenio de colaboración cultural asinado o pasado 13 de agosto entre a Fundación Caixa Galicia e o Concello de Vigo para a financiamento da programación cultural e social del concello.

A mostra contará cun servicio de visitas guiadas para escolares. Os centros poden concertar a súa visita no teléfono 986815077, da Obra Social da entidade financeira en Vigo.